O COE Ourense, presente nos actos polo 8M celebrados na CEO e no Centro Cultural Marcos Valcárcel

 

IMG 20230309 WA0012O grupo de asistentes na mañá do mércores 8 d marzo á conmemoración do Día Internacional da Muller na Confederación Empresarial de Ourense, entre as que estaba a presidenta do COE Ourense, Ascensión Pérez Sampayo. | FONTE: COE Ourense.


Ourense, 10 de marzo de 2023. O 8 de marzo é unha data sinalada para nós no calendario: conmemoramos o Día Internacional da Muller e mailo día do noso patrón, San Juan de Dios. É un día sinalado, pero o dunha reivindicación na que creemos e loitamos os 365 días do ano: polos dereitos das mulleres e pola igualdade real, así como pola defensa e visibilización da nosa profesión.

Precisamente a nosa é unha profesión notablemente feminizada: segundo os últimos datos do INE, o 84’16% das profesionais da enfermería de España son mulleres. Sen embargo, a pesar dos avances no camiño cara unha sociedade máis igualitaria, as cifras débennos facer pensar: esta semana o Sindicato de Enfermería SATSE fixo públicos os resultados dunha enquisa que revela que 9 de cada 10 enfermeiras en España senten e padecen estereotipos sexistas e retrógrados.

Esta enquisa recolle máis de 2000 testemuños de enfermeiras e enfermeiros que constatan que persisten as faltas de respeto e o desprezo ao minusvalorar a profesión en sí e ás enfermeiras por razón de xénero: en moitos casos asígnaselle ao home de xeito sistemático un ‘status’ ou categoría superior, e, ademais, proliferan comentarios ‘sexualizados’ nos que se usan termos como “niña” ou “bonita” ata outros que afectan á intimidade da profesional.

 

Conmemoración do Día Internacional da Muller no COE Ourense

 

Este mércores, a nosa presidenta, Ascensión Pérez Sampayo, estivo pola mañá presente no acto celebrado na sede da Confederación Empresarial de Ourense (CEO) para conmemorar o 8M en compañía de decenas de mulleres da provincia: empresarias, representantes de asociacións, comerciantes, autónomas… e, por suposto, tamén algunhas compañeiras do ámbito sanitario.

fotocut1A presidenta do COE Ourense acompañada da médica María Crespo Leiro.

 

Neste acto, as asistentes foron agasalladas cunha rosa, xentileza da Floristería “El Jardín”, e co libro “Mercedes e Rosa do Campo de la Fuente. Mestras e comprometidas co galeguismo” de Rosa Mª Cid Galante, doados pola Diputación de Ourense. A propia autora, quen foi recoñecida en 2013 co premio Clara Campoamor polo seu labor investigador e loita pola igualdade de xénero, foi a encargada de presentar o libro.

IMG-20230309-WA0004.jpgRosa Mª Cid Galante dedicando o seu libro ao COE Ourense ante a súa presidenta.

 

Pola tarde, a presidenta do COE Ourense asistiu á xornada “Mulleres referentes do audiovisual ourensán” celebrada no Centro Cultural Marcos Valcárcel da Diputación. Neste evento, no que houbo espazo para a poesía e o debate de referentes femininas do audiovisual, foi galardoada co Premio 8M unha das caras máis recoñecidas da escea actoral galega: a da actriz, directora, guionista e profesora Mariana Carballal.

 

IMG-20230309-WA0008.jpgCoa galardoada co Premio 8M, Mariana Carballal.

 

Xunto con outros asistentes coma, por exemplo, o actor Rubén Ríos, a presidenta do COE Ourense quixo parabenizar en primeira persoa á galardoada, xa que “a arte, que moitas veces está tan infravalorada, nos cura e moito; e é un orgullo que as nosas veciñas sexan auténticas abanderadas e poñan o nome ben alto da nosa terra alá onde van”.

 

 


Imprimir  
Usamos cookies

Este portal web únicamente utiliza cookies propias con finalidad técnica, no recaba ni cede datos de carácter personal de los usuarios sin su consentimiento. Sin embargo, contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas a las de OCE OURENSE que usted podrá decidir si acepta o no cuando acceda a ellos.