Galicia necesita aumentar as reservas de sangue dos grupos A positivo e o 0 negativo e solicítase a solidaridade da cidadanía

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), realiza un chamamento xeneralizado á participación da poboación galega na doazón de sangue e, de maneira especial, aos doantes dos grupos A Positivo e 0 Negativo.


Sala de prensa Sergas (02/03/2023) Fotografía: Sala de prensa Sergas


A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), realiza un chamamento xeneralizado á participación da poboación galega na doazón de sangue e, de maneira especial, aos doantes dos grupos A Positivo e 0 Negativo. As reservas destes grupos presentan niveis baixos, polo que é preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón que realiza a Consellería de Sanidade por mediación de ADOS. Cómpre lembrar que os hospitais de Galicia necesitan entre 400 e 500 diarias para desenvolver de maneira eficaz o seu gran labor asistencial

En moitas das tarefas que se realizan a diario nos centros sanitarios de Galicia son imprescindibles os compoñentes sanguíneos. En determinadas épocas do ano pode baixar o número de doazóns, como nas pasadas Festas do Entroido, pero non acontece o mesmo coa demanda de sangue e os seus derivados que precisan os hospitais. Por iso, é imprescindible a xenerosidade e altruísmo de todos os cidadáns, polo que ADOS solicita un esforzo especial para incrementar as reservas de sangue.

Ademais, as distintas unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán nestes días diferentes concellos galegos para conseguir as doazóns precisas que garantan o desenvolvemento asistencial dos distintos centros sanitarios de Galicia.

ADOS espera contar de novo coa solidariedade da cidadanía galega nos seguintes desprazamentos:
 
  • Xoves 2 marzo E.U. Enfermería e E.U Podoloxía (Ferrol), NATURGY e Bº de las   Flores (A Coruña), Curtis, Arzúa, CPFP FESAN (Santiago),   Caldas  de Reis, O Rosal, Navia (Vigo), IES Perdouro e IES   Monte Castelo (Burela), Friol, Guntín, CIFP Portovello e Bº O   Couto (Ourense)
  • Venres 3 marzo:  Bº Esteiro (Ferrol), Carballo, Obelisco (A Coruña), Ribeira, Serra   de Outes, lalín, IES Chapela (Redondela), Colegio Vigo, Burela, IES García Barbón (Verín), Verín.
  • Sábado 4 marzo: Carballo, Ribeira, Lalín, Covelo, Mondoñedo

 

Ademais, tamén se pode doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas:

WhatsApp Image 2023 03 03 at 09.48.59

 

Doar é moi sinxelo e seguro

Pode doar sangue calquera persoa maior de idade, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar vidas. Ademais, sinalar que sempre están presentes as máis rigorosas medidas de seguridade.

Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as redes sociais, e o teléfono gratuíto de información 900 100 828, para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles. 

Imprimir  

Estamos en:

We use cookies

Usamos cookies en nuestro sitio web. Algunas de ellas son esenciales para el funcionamiento del sitio, mientras que otras nos ayudan a mejorar el sitio web y también la experiencia del usuario (cookies de rastreo). Puedes decidir por ti mismo si quieres permitir el uso de las cookies. Ten en cuenta que si las rechazas, puede que no puedas usar todas las funcionalidades del sitio web.