A Xunta de goberno do COE Ourense avalía o inicio de 2023 e perfila as accións que porá en marcha para axudar á profesión enfermeira

 

 

foto xunta gob Un intre da reunión da Xunta de Goberno celebrada esta semana na sede colexial.| FONTE: COE OURENSE.

 

Ourense, 10 de febreiro de 2023. Esta semana tivo lugar unha reunión da xunta de goberno do COE Ourense na propia sede da entidade. Neste primeiro encontro da xunta en 2023 fíxose balance dos primeiros pasos dados no que vai de ano no relativo ao traballo da comisión docente do Colexio, da definición da proposta formativa para o presente curso, así como das reunións mantidas durante xaneiro para a apertura de vías de colaboración de traballo con outras entidades para o beneficio das profesionais da enfermería.

Neste camiño cara a mellora das condicións das colexiadas no seu día a día, puxéronse sobre a mesa os puntos tratados na última reunión do Observatorio de Agresións ao Persoal de Enfermería entre o COE Ourense e o interlocutor policial sanitario. Así mesmo, se detallaron os avances dados na Comisión de Formación, Docencia, Investigación e Calidade para dar cabida a cursos moi demandados entre as colexiadas como é o de ‘Electrocardiografía básica para Enfermería’ entre outros que tamén comezarán de xeito inminente e sobre os que informaremos nas vindeiras semanas.

No eido formativo, esta reunión tamén valeu para avaliar a acollida de SalusPlay e a súa plataforma SalusOne, a que está a captar cada día a máis colexiadas grazas á ampla oferta de cursos que ofrece, así como webinars, servizo de asesoría profesional ou recursos audiovisuais e bibliográficos de consulta, entre outros.

Por outra banda, a presidenta do COE Ourense, Ascensión Pérez Sampayo, tamén compartiu co resto de membros da xunta o progreso do grupo de traballo do que forma parte no Consejo General de Enfermería: informou así dos pasos dados cara a prescrición enfermeira no ámbito privado, a que leva consigo a renovación da plataforma ‘e-Cuidados’.

 

 


Imprimir  
We use cookies

Usamos cookies en nuestro sitio web. Algunas de ellas son esenciales para el funcionamiento del sitio, mientras que otras nos ayudan a mejorar el sitio web y también la experiencia del usuario (cookies de rastreo). Puedes decidir por ti mismo si quieres permitir el uso de las cookies. Ten en cuenta que si las rechazas, puede que no puedas usar todas las funcionalidades del sitio web.