RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se realiza a convocatoria excepcional no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso en diversas especialidades da categoría de enfermeiro/a especialista.
- Convócase concurso de méritos para o ingreso nas seguintes especialidades da categoría de enfermeiro/a especialista: enfermería obstétrico-xinecolóxica, enfermería de saúde mental, e enfermería do traballo, que se especifican no anexo I da presente resolución. (Ver DOG)
- Taxa: 38,02 euros
- Os méritos a valorar serán os causados ata o 04/01/2023
- As persoas que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán cubrir solicitude de participación, en modelo normalizado, a través da Oficina Virtual do Profesional (Fides/expedient-e/Sección de Procesos/Concurso de méritos), á cal se accederá seguindo as instrucións que se establecen no anexo IV, e que logo de formalizada electronicamente deberán imprimir, asinar e presentar nos lugares e prazo indicados nos apartados 5.2 e 5.3, respectivamente.
- As solicitudes de participación poderán presentarse desde o día 16 de xaneiro de 2023 ata o 16 de febreiro de 2023, ambos días incluídos.


