Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde - Proceso selectivo de estabilización polo sistema de concurso de méritos

Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se realiza a convocatoria excepcional no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos para o ingreso nas categorías de enfermeiro/a, fisioterapeuta, logopeda e terapeuta ocupacional.

  • As persoas que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán cubrir solicitude de participación, en modelo normalizado, a través da Oficina Virtual do Profesional (FIDES/expedient-e/Sección de Procesos/Concurso de Méritos), á cal se accederá seguindo as instrucións que se establecen no Anexo IV, e que logo de formalizada electronicamente deberán imprimir, asinar e presentar nos lugares e prazo indicados nos apartados 5.2 e 5.3, respectivamente.

 

  • Prazo de presentación: As solicitudes de participación poderán presentarse desde o día 16 de xaneiro de 2023 ata o 16 de febreiro de 2023, ambos días incluídos.

 

  • Como requisito necesario para participar no proceso selectivo, deberase aboar previamente en concepto de dereitos de exame o importe de 38,02 euros.

 

  • En aplicación do Decreto 81/2022, pola propia natureza dos procesos de estabilización, destinados a reducir a temporalidade no emprego, non procede efectuar reserva de prazas a promoción interna.

BASES COMPLETAS DA CONVOCATORIA

WhatsApp Image 2022 12 27 at 10.23.37


Imprimir  

Estamos en:

We use cookies

Usamos cookies en nuestro sitio web. Algunas de ellas son esenciales para el funcionamiento del sitio, mientras que otras nos ayudan a mejorar el sitio web y también la experiencia del usuario (cookies de rastreo). Puedes decidir por ti mismo si quieres permitir el uso de las cookies. Ten en cuenta que si las rechazas, puede que no puedas usar todas las funcionalidades del sitio web.