A presidenta do COE Ourense, presente na Homenaxe á Excelencia Profesional organizada polo COE A Coruña

FOTO TODOS COE CORU 1

 De esquerda a dereita: Sara Catrain González (Presidenta do Colexio Oficial de Farmacéuticos de A Coruña), Luciano Vidán Martínez (Presidente do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña), Xosé Antonio Sánchez Bugallo (Alcalde de Santiago de Compostela), Inés López Carral (Presidenta COE A Coruña), Ascensión Pérez Sampayo, (Presidenta COE Ourense), Blanca Cimadevila (xefa do Servizo de Integración Asistencial da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria do SERGAS), Juan Dios Tomé (Presidente do Colexio Oficial de Podólogos de Galicia), Lourdes Bermello López (Presidenta do COE Lugo).| FONTE: Lidia Gallego. 


 

Ourense, xoves 17 de novembro de 2022.- A presidenta do Colexio Oficial de Enfermería de Ourense, Ascensión Pérez Sampayo, e Karina Blanco Iglesias, vocal número V da Xunta de goberno da organización colexial ourensá, acudiron o pasado venres á Homenaxe á Excelencia Profesional organizada polo Colexio Oficial de Enfermería de A Coruña.

Este evento, que tivo lugar no San Francisco Hotel Monumento de Santiago de Compostela, serviu para homenaxear ás enfermeiras colexiadas que no último ano cumpriron as súas bodas de prata na profesión, así como a aquelas que acadaron a xubilación.

Trala recepción, a entrega de insignias e o discurso de Inés López Carral, presidenta do COE A Coruña, tivo lugar a cea de confraternidade, onde as homenaxeadas e o resto de asistentes desfrutaron dun intre para lembrar vellos tempos e compartir anécdotas e experiencias.


Imprimir  
Usamos cookies

Este portal web únicamente utiliza cookies propias con finalidad técnica, no recaba ni cede datos de carácter personal de los usuarios sin su consentimiento. Sin embargo, contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas a las de OCE OURENSE que usted podrá decidir si acepta o no cuando acceda a ellos.