A sede colexial acolle unha nova reunión da Comisión de Formación, Docencia, Investigación e Calidade

Foto portada comision formacion

M.ª José Menor (responsable da Comisión), Jaime Cerradelo (secretario da Comisión), Mercedes Valcárcel, Karina Blanco, M.ª José Cid, Mercedes Valcárcel, José Delgado, Rebeca M.ª Gómez, M.ª José Remigio, Antonio Vázquez, Consuelo Fernández.|FONTE: COE OURENSE


 

A nosa sede colexial acolleu na tarde de onte un novo encontro da Comisión de Formación, Docencia, Investigación e Calidade do COE Ourense. Este grupo de traballo, capitaneado pola doutora Mª José Menor (vicepresidenta do Colexio), e integrado por varios membros da Xunta de Goberno e por outros profesionais colexiados, é unha das comisións permanentes de traballo dentro da institución colexial.

Esta Comisión encárgase principalmente de:

  • Realizar tarefas de asesoramento á Xunta de Goberno, no que respecta á formación, docencia, investigación e calidade na enfermería da provincia de Ourense.

  • Deseñar, propoñer e executar desenvolvementos profesionais no ámbito da formación e da investigación poñendo en marcha actividades que respondan ás necesidades dos profesionais de Enfermería da provincia de Ourense, e que favorezan a súa visibilidade e recoñecemento.

Desta volta, durante este encontro presentouse a app SalusOne Premium aos membros da Comisión, falouse da organización das Xornadas de ANEDIA (que se celebrarán o sábado 19 na sede do COE Ourense), así como da organización de charlas formativas para o alumnado da Escola Universitaria de Enfermería de Ourense, entre outros temas.

Esta comisión está formada por:

1. M.ª José Menor Rodríguez - Responsable                                              7. M.ª José Remigio Lorenzo

2. Jaime Cerradelo Lama - Secretario                                                       8. Antonio Vázquez Pérez

3. Mercedes Valcárcel Egea                                                                      9. M.ª Carmen Fernández Rodríguez

4. Karina Blanco Iglesias                                                                         10. Consuelo Amalia Fernández Marcuello

5. M.ª José Cid Álvarez                                                                           11. José Delgado Rodríguez

6. Rebeca M.ª Gómez Espinosa                                                                12. María Begoña Pérez Vázquez 

 

Queres contribuir no labor desta comisión? Has de saber que pretende servir de instrumento de canalización da colaboración e participación de profesionais e asociacións científicas de enfermería da provincia de Ourense, polo que está aberta a escoitar a aquelas persoas/entidades interesadas en compartir os seus coñecementos e suxerencias. Como? Cóntanolo a través do noso enderezo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.


Imprimir  
Usamos cookies

Este portal web únicamente utiliza cookies propias con finalidad técnica, no recaba ni cede datos de carácter personal de los usuarios sin su consentimiento. Sin embargo, contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas a las de OCE OURENSE que usted podrá decidir si acepta o no cuando acceda a ellos.