A presidenta do COE reúnese co presidente de AETGA

Reunion presidenta coe aetga enfermeria traballo

Carlos Fernández Pereira e Ascención Pérez Sampayo | FONTE: COE Ourense


 

A presidenta do Colexio Oficial de Enfermería, Ascensión Pérez Sampayo, reuniuse este venres na sede colexial con Carlos Fernández Pereira, presidente da Asociación de Enfermería do Traballo de Galicia (AETGA),  para tratar a celebración das III Xornadas de Enfermería do Traballo de Galicia, que se celebrarán o vindeiro 26 de novembro no salón de actos Marie Curie do Campus de Ciencias de Ourense.

Pereira presentoulle á presidenta da organización colexial o programa desta actividade, na que participarán expertos de enfermería do traballo de toda España. O Colexio Oficial de Enfermería participará como entidade colaboradora nesta xornada que, ademais de reunir a profesionais da saúde laboral para actualizar e ampliar coñecementos, dará a coñecer a poboación en xeral, e as organizacións públicas e privadas en particular, o valor engadido dos profesionais de Enfermería do Traballo nas organizacións. 

Se estás interesado/a en asistir, podes consultar o programa completo e inscribirte neste enlace.


Imprimir  
Usamos cookies

Este portal web únicamente utiliza cookies propias con finalidad técnica, no recaba ni cede datos de carácter personal de los usuarios sin su consentimiento. Sin embargo, contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas a las de OCE OURENSE que usted podrá decidir si acepta o no cuando acceda a ellos.