O Sergas publica a relación definitiva de admitidos e a resolución provisional do concurso de traslados aberto e permanente do ano 2022

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos pola que se publica a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas; e a resolución provisional do ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2022 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas do persoal estatutario sanitario e de xestión e servizos.
 
 
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos pola que se publica a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas; e a resolución provisional do ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2022 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas do persoal estatutario sanitario e de xestión e servizos.
 
Este é o quinto ciclo deste proceso de concurso aberto e permanente, posto en marcha a finais do ano 2017, e que fai máis accesible o dereito á mobilidade do persoal estatutario fixo e en consecuencia a conciliación da vida laboral e familiar dos profesionais, posibilitando o cambio de destino cunha periodicidade anual.

Participan neste concurso de traslados un total de 3.328 profesionais pertencentes a 67 categorías de persoal estatutario.

No caso das especialidades de cirurxía ortopédica e traumatoloxía e medicina interna (categoría de persoal facultativo especialista de área), adiantouse a publicación da resolución provisional do concurso de traslados aberto e permanente do ano 2022, ao día 12 de agosto, co obxecto de poder incorporar aos profesionais destas especialidades o antes posible.

No proceso deste ano ofertáronse un total de 7.936 destinos, resultando adxudicatarios/as de praza un total de 897 profesionais. Por titulacións, adxudícanse 211 destinos de persoal licenciado sanitario, 397 de persoal diplomado sanitario, 87 de persoal sanitario de formación profesional e 202 de persoal de xestión e servizos. 

A categoría con máis adxudicacións é enfermaría, cun total de 376 destinos adxudicados, seguida de médico/a de familia con 121, persoal de servizos xerais con 76, grupo auxiliar da función administrativa con 61 e técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría con 59 , cun total de 57.

Por áreas sanitarias, A Coruña-Cee, Vigo e Santiago-Barbanza son as que incorporarán o maior número de profesionais, cun total de 199, 173 e 154, respectivamente.

Un total de 70 profesionais proceden de fóra de Galicia, dos que 23 corresponden á persoal licenciado sanitario de diferentes especialidades.

Por tramos de idade, un total de 33 profesionais teñen menos de 40 anos, 579 teñen unha idade comprendida entre 40 e 55 anos, e 285 superan esta idade.  Do total de persoas adxudicatarias o 78,34 % son mulleres.

As listas coa relación definitiva de persoas admitidas e excluídas por categoría, as puntuacións provisionais desagregadas por epígrafe do baremo e os destinos provisionais, se é o caso, asignados están publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo concursante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Os/as concursantes admitidos/as dispoñen dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para formular reclamación contra os resultados da baremación e adxudicación provisionais.

As reclamacións presentadas, entenderanse rexeitadas ou admitidas na resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se resolva definitivamente o concurso de traslados. 

Habilitouse un enderezo de correo electrónico no que os/as aspirantes poderán dirixir as súas dúbidas ou consultas: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..  Estas consultas non terán a consideración de reclamación. 


Imprimir  
We use cookies

Usamos cookies en nuestro sitio web. Algunas de ellas son esenciales para el funcionamiento del sitio, mientras que otras nos ayudan a mejorar el sitio web y también la experiencia del usuario (cookies de rastreo). Puedes decidir por ti mismo si quieres permitir el uso de las cookies. Ten en cuenta que si las rechazas, puede que no puedas usar todas las funcionalidades del sitio web.