RESOLUCIÓN conxunta do 21 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos e da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, pola que se publica a convocatoria do Plan de formación continuada para o último cuadrimestre do ano 2022

 

 

Santiago de Compostela, xoves 28 de xullo de 2022.- Os plans de formación son un instrumento que contribúe decisivamente á actualización dos coñecementos e das competencias dos/das profesionais, e a formación ten tamén un papel relevante no baremo ordinario aplicable nas vindeiras convocatorias de acceso aos novos graos de carreira profesional.

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS), creada polo Decreto 112/2015, do 31 de xullo, ten como un dos seus fins xerais e obxectivos básicos a xestión da formación no sistema público de saúde de Galicia. Por outra parte, á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde correspóndelle a negociación do contido do plan coas organizacións sindicais, así como a negociación e aprobación dos criterios de selección dos/das participantes nas distintas actividades formativas.

Mediante a Resolución do 21 de xaneiro de 2022, conxunta da Dirección Xeral de Recursos Humanos e da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (DOG núm. 24, do 4 de febreiro), convocouse o Plan de formación para o ano 2022, composto por actividades formativas nas modalidades de autoformación, teleformación e telepresenza; e acordouse a convocatoria de novas actividades formativas para o último cuadrimestre do ano.

Este plan foi impulsado no seu deseño e na elaboración pola Dirección Xeral de Recursos Humanos e pola Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS), e foi aprobado no Consello de Formación Continuada, o cal está composto por representantes do Servizo Galego de Saúde, da ACIS e das organizacións sindicais CIG, CC.OO., UGT e CSIF, asinantes do acordo de formación continuada.

O Plan de formación para o ano 2022 representa unha clara aposta polo desenvolvemento profesional do persoal do Servizo Galego de Saúde e das entidades adscritas á Consellería de Sanidade e ao Servizo Galego de Saúde, e pretende potenciar aquelas competencias que resultan esenciais no marco da asistencia sanitaria e as vinculadas ás novas necesidades formativas.

Por todo iso e coa finalidade de dar á formación unha continuidade adecuada que a faga realmente efectiva, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, logo do informe favorable das centrais sindicais CIG, CC.OO., UGT e CSIF, xunto coa Xerencia da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde,

RESOLVE:

Facer pública a convocatoria para participar nas actividades formativas que conforman a segunda parte do Plan de formación continuada do persoal do Servizo Galego de Saúde para o ano 2022, elaborado no marco do Acordo de formación para o emprego das administracións públicas (Plan Afedap). Esta convocatoria deberá resolverse de acordo coas bases publicadas na Resolución do 21 de xaneiro de 2022, conxunta da Dirección Xeral de Recursos Humanos e da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (DOG núm. 24, do 4 de febreiro).

Na páxina web da axencia publicaranse todos os datos precisos das accións formativas que se convocan nesta resolución.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2022

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Xerente da Axencia Galega para a Xestión

do Coñecemento en Saúde (ACIS)

Ana Mª Comesaña Álvarez

Directora xeral de Recursos Humanos

do Servizo Galego de Saúde

ANEXO

Lista de actividades formativas

Título

Horas

Comezar con Writer

10

Avanzar con Writer

10

Comezar con Calc

10

Avanzar con Calc

10

Impacto da Lei 8/2021, pola que se reforma a lexislación civil e procesual para o apoio ás persoas con dependencia

12

Identificación e tratamento de fisioterapia na rexión témporo-mandibular

12

O exercicio físico para o tratamento da lumbalxia, da cervicalxia e das diferentes patoloxías espondiloartrósicas lumbares e cervicais

12

Enfermidade da carie da primeira infancia. Abordaxe desde a atención primaria

8

O modelo de análise do resultado do estado actual: modelo área aplicado na saúde mental

12

Calidade do aire interior nos centros sanitarios

8

Equipamento de alta tecnoloxía dentro do Servizo Galego de Saúde

4

Adestramento no manexo de urxencias hospitalarias pediátricas prevalentes

12

Adestramento no manexo de urxencias na planta de hospitalización

12

Adestramento no manexo de urxencias prehospitalarias prevalentes

12

Adestramento no manexo das situacións críticas nas urxencias hospitalarias

12


Imprimir  
Usamos cookies

Este portal web únicamente utiliza cookies propias con finalidad técnica, no recaba ni cede datos de carácter personal de los usuarios sin su consentimiento. Sin embargo, contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas a las de OCE OURENSE que usted podrá decidir si acepta o no cuando acceda a ellos.