Presentación do Plan Obesidade Zero en Galicia

Prensa Visto: 479

 

colegio oficial enfermeria ourense plan obesidade zero galicia

 

De esquerda a dereita, Antonio Fernández-Campa, xerende de ACIS, José Ramón Lete, secretario xeral para o Deporte, Julio García Comesaña, conselleiro de Sanidade, Rosa Quintana, conselleira do Mar, Manuel Vila, secretario xeral técnico da Consellería de Educación, e Cristina Pichel, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, áreas todas implicadas no Plan Obesidade Zero en Galicia | FONTE: Colexio Oficial de Enfermería de Ourense

Santiago de Compostela, venres 13 de maio de 2022.- María José Menor, vicepresidenta do Colexio Oficial de Enfermería de Ourense, asistiu este venres á presentación do Plan Obesidade Zero en Galicia da Consellería de Sanidade, que tivo lugar no Palacio de Congresos de Galicia de Santiago de Compostela.

A directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo, foi a encargada de presentar este programa que pretende loitar contra a obesidade e o sobrepeso, que afectan á metade da poboación galega actual.  Por esta razón, o obxectivo é reducir a prevalencia de sobrepeso en Galicia nun 15% para 2030, isto é, en 189.000 persoas; a curto prazo a intención é que un 1% da poboación, o equivalente a 12.000 persoas da nosa comunidade, deixen de ter esta enfermidade, que pode rematar en obesidade, que acostume ir acompañada de doenzas crónicas como a diabetes ou a hipertensión.

Durán Parrondo compartiu ao longo da súa intervención outros datos que preocupan as autoridades sanitarias galegas, como que 6 de cada 10 galegos non realiza exercicio físico no seu tempo de ocio. Este plan galego pretende ser influente con medidas que se levarán a cabo desde os propios centros de saúde, pero tamén a nivel escolar, nos concellos ou en asociacións. Por esta razón, non é só un reto da consellería de Sanidade, senón que tamén están involucradas autoridades cuxa área de competencia é Política Social, Educación ou Deporte, que participaron nunha mesa redonda dentro do acto de presentación.

María José Menor valorou este programa de maneira positiva, incidindo na importancia de que "se cuente con todos los actores responsables. Este Plan Obesidade Zero en Galicia es interesante porque integra a varias consellerías que permiten fomentar los hábitos de vida saludable desde todos los ámbitos". Como educadora en diabetes, enfermidade moi vencellada á obesidade, a vicepresidenta do COE de Ourense considera que "es imprescindible actuar sobre este problema de salud pública, animando a la población a cuidarse a través de la realización de ejercicio físico de manera regular, el seguimiento de una dieta sana o mantener unos correctos hábitos de sueño".

Neste sentido, como profesional da Área Sanitaria de Ourense, Menor considera que "en la provincia de Ourense somos privilegiados porque contamos con espacios naturales para hacer ejercicio físico, tenemos accesibilidad a alimentos de kilómetro cero y vivimos en un entorno con poca contaminación lumínica, sonora y atmosférica, factores que condicionan considerablemente nuestra salud. Recordando a Marc Lalonde, exministro de Salud canadiense, 'El factor más determinante de nuestra salud son los hábitos de vida".

Imprimir