"Hai que poñerse sempre no lugar do paciente"

Prensa Visto: 390

Ourense, xoves 12 de maio de 2022.- Con motivo da celebración do Día Internacional da Enfermería Ascensión Pérez Sampayo estivo no Galicia por Diante, da Radio Galega, conversando co xornalista Kiko Novoa. "O Día da Enfermería son todos os días", defendeu a presidenta da organización colexial. "Paga a pena ser enfermeira e para isto non vale calquera, hai que ter vocación. Se non a tivésemos, non seriamos capaces de ter saído da pandemia", contestou Pérez Sampayo ao ser preguntada pola situación da profesión tras a irrupción do covid.

"Imos seguir loitando por todas nós, profesionais e pacientes, pois nalgún momento tamén estaremos aí. A xente que coida tamén se cansa, a Administración ten que ter máis sensiblidade e evitar que vaia polo barranco a nosa sanidade pública", defendeu a presidenta das enfermeiras ourensás. Na conversa tamén participou Julián Puente, estudante da Escola de Enfermería de Ourense, a piques de graduarse: "Unha vez entrei en contacto co ambiente sanitario, quedei namorado. A un mes de rematar, non me arrepinto de nada, estou encantado", respondeu ao ser preguntado polo seu vínculo coa Enfermería.

Para rematar, Ascensión Pérez Sampayo, aconsellou a Julián, que en pouco tempo comezará a súa carreira profesional, que  "se poñan sempre no lugar do paciente. É a mellor forma de comprender".

A entrevista completa está dispoñible no seguinte enlace, a partir do 15'25". 

O COE de Ourense, presente nos medios de comunicación o Día da Enfermería

Varios foron os medios que adicaron un espazo aos representantes da Enfermería ourensá. Alberto Rodríguez, vocal da Xunta de Goberno e enfermerio especialista en Atención Primaria, ofreceu unha entrevista ao diario La Región, que se pode ler neste enlace. Jaime Cerradelo, enfermeiro da UCI e tamén vogal da organización colexial, conversou coa xornalista Fina Ulloa de La Voz de Galicia.

María José Menor e José David Vázquez, vicepresidenta e secretario da organización colexial, escribiron cadansúas pezas que foron publicadas no Faro de Vigo; mentres que Menor se centrou na importancia da formación na profesión enfermeira, Vázquez compartiu un relato persoal sobre o a experiencia de ser enfermeiro. Os textos son os seguintes: 

A enfermeira de Eiriz, por José David Vázquez Bóveda, secretario do Colexio Oficial de Enfermería de Ourense

"Mira ben o que fas". Ameaza? Advertencia? Quizáis a maneira máis astuta de decir que non, de delegar a responsabilidade e de devolverte á realidade sen contacto físico.

Covid en “stand by”, piloto vermello ameazante, consumindo silencioso, agazapado, os restos de enerxía.

Mirando a tele no móbil, parece así máis doado controlar o mundo cunha man, mando e pantalla ao mesmo tempo. Varias doses ao día de vacina contra a dor allea, contra a repugnancia propia.

Alí onde viaxaron dous valentes compañeiros naceu a nosa historia, Crimea. De nome Florencia. Coa súa lámpada debuxaba sombras no ceo dos seus doentes, filmes en branco e negro, tingidos polas súas historias.

Sonámbulos soados polos aplausos. Cruces que levar ao lombo.

De alta con benzodiazepinas e con estiramentos de Youtube.

Servidume da nosa propia vocación. Gotas de suor frío ao pensar en “colleteléfonos firmareceitas”. Reivindicacións “afolgadas”.

E agora falemos do bo… Mozos e mozas medrando dentro do seu propio pixama para agrandar a súa profesión.

Xa es grandiño, mira ben o que fas… Dou a volta na cama e sigo a durmir co “telemóvel” vacinándome.


El valor del conocimiento en el desarrollo profesional, por María José Menor Rodríguez, vicepresidenta del Colegio Oficial de Enfermería de Ourense

La enfermería está sujeta al avance científico y tecnológico, lo que nos obliga a actualizar conocimientos de forma constante mediante la formación continuada. Es la pieza clave para garantizar cuidados de calidad y seguridad a nuestros pacientes, ofreciendo una atención personalizada e integral. Es, además, nuestra seña de identidad y compañera imprescindible en nuestro viaje profesional en el ámbito asistencial, docente, gestor o investigador.

Las enfermeras dedicamos la mayor parte de nuestro tiempo a la labor asistencial y gestión del cuidado, tareas que han de llevarse a cabo desde la evidencia científica. Adquiere aquí relevancia la investigación como herramienta y competencia necesaria para el desarrollo del quehacer diario del profesional.

La investigación nos permite conocer nuestro entorno, actuar reflexivamente, dar respuesta a las necesidades poblacionales, nos encamina a la innovación y nos ayuda a visibilizar nuestra profesión.

Sin embargo, la investigación sigue siendo una asignatura pendiente. Somos pocos los que nos dedicamos a ello, pero me gustaría recordar una frase de Art Williams que recoge su esencia: “No te diré que será fácil, pero te diré que valdrá la pena”.

Imprimir