Miguel Tomé recolle o premio Castaña de Ouro 2021 en representación dos profesionais sanitarios do centro de saúde de Riós

Prensa Visto: 379

Enfermeiro neste concello e ex secretario do Colexio Oficial de Enfermería de Ourense recibiu este galardón co que o pobo de Riós quixo agradecer o traballo dos sanitarios durante a pandemia. "Estiveron ao pé do cañón, traballaron moito e ben, non só no centro, senón tamén nos domicilios. E un recoñecemento pequeno, pero é de corazón", declara o alcalde do municipo, Francisco Veiga

 

Ourense, luns 8 de novembro de 2021.- O enfermeiro Miguel Tomé, ex secretario da Xunta Directiva da Organización Colexial de Enfermería de Ourense, recibiu este domingo a Castaña de Ouro na Festa da Castaña e do Cogumelo de Riós en representación de todos os sanitarios de Riós. Este galardón acostuma entregarse a unha persoa ou ente vencellada ao mundo da castaña, pero este ano decidiron homenaxear ao equipo multidisciplinar de sanitarios que conforman o centro de saúde do municipio polo traballo que fixeron durante a pandemia da Covid-19. En palabras de Francisco Veiga, o seu alcalde: "Témoslles moito cariño, e meréceno porque sempre están para nós. Aténdennos moi ben, desprázanse a vacinar as aldeas, pensando no mellor para os veciños".

Veiga recorda que foron os sanitarios os que "estiveron ao pé do cañón, traballaron moito e ben, non só no centro, senón tamén nos domicilios. E un recoñecemento pequeno, pero é de corazón".

Os sanitarios compartin o galardón co outro premiado, Alejandro Sánchez de Dios, responsable del Banco de Terras, da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

 

Imprimir