A cardióloga ourensá Luisa Pérez, gañadora do premio Olimpia Valencia na súa primeira edición

O galardón foi instituído para recoñecer a labor das persoas ou entidades do ámbito sociosanitario que estiveron na primeira liña da loita contra a Covid-19. Ascensión Pérez Sampayo, presidenta da Organización Colexial de Enfermería de Ourense, formou parte do xurado como secretaria. Olimpia Valencia foi a primeira muller licenciada en Medicina no século pasado

Ourense, venres 29 de outubro de 2021.- A cardióloga ourensá e coordinadora da unidade de arritmias do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña, Luisa Pérez, converteuse este xoves na primeira gañadora do premio Olimpia Valencia. O galardón instituído pola Deputación de Ourense este ano co obxectivo de recoñecer a labor de persoas ou institucións do ámbito sociosanitario que estiveron la primeira liña da loita contra a pandemia da Covid-19. 

O xurado desta primeira edición estivo presidido pola deputada de Igualdade, Luz Doporto, exercendo como secretaria a presidenta do Colexio Oficial de Enfermería de Ourense, Ascensión Sampayo, e como vogais a presidenta da CEO, Marisol Nóvoa, a presidenta da Federación de Comercio, Beatriz Gómez, a vicerreitora do campus de Ourense, María Esther de Blas, a directora do Museo Municipal de Ourense, Eva Torres, e o presidente da Cruz Vermella en Ourense, Felipe Ferreiro.

Luisa Pérez (Cartelle, 1953) ten un extenso currículo no mundo sanitario. É licenciada en Medicina e Ciruxía pola Universidade Autónoma de Barcelona e especialista en Cardioloxía e Electrofisioloxía Cardíaca diagnóstica e Terapéutica. Completou a súa formación en varias universidades de todo o mundo, ademais de ter publicados artigos en revistas especializadas

Luisa Pérez (Cartelle, 1953) é licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade Autónoma de Barcelona e especialista en Cardioloxía e Electrofisioloxía Cardíaca diagnóstica e Terapéutica. Esta profesional, considerada un referente mundial, tamén é autora de decenas de artigos publicados en revistas especializadas e colabora co Ministerio de Sanidade e coa Universidade de Santiago de Compostela para a formación de especialistas en cardioloxía.  

Con este galardón, cuxa creación foi aprobada no pleno celebrado en febreiro deste ano, a Deputación de Ourense recoñece a figura de Olimpia Valencia (Baltar, 1898) que se converteu na primeira muller licenciada en Medicina en Galicia no século pasado, profesión que exerceu en Vigo ata o seu pasamento en 1987. 


Imprimir