Dentro das actividades programadas pola Academia de Enfermería de Galicia, o próximo martes 14 de maio, ás 17 horas, celebrarase en Ferrol unha sesión ordinaria organizada pola Academia.

 

AEG FERROL 14052019O encontro terá lugar no salón de actos do Hospital Arquitecto Marcide, sendo un dos obxectivos do acto, dar a coñecer a Academia en Ferrol aos profesionais de Enfermería e contribuír ao fomento e divulgación da investigación enfermeira. Está programada tamén a conferencia titulada “Estilos de liderado na xestión de Enfermería” que correrá a cargo do Dr. D. Luís Arantón Areosa, Director de Procesos de Enfermería da EOXI de Ferrol.

Na mesa de presentación da Academia, intervirán: o Presidente da Academia D. Isidoro Rodríguez Pérez, a Decana da Facultade de Enfermería e Podoloxía de Ferrol Dna. Emma Rodríguez Maseda, o Xerente do EOXI de Ferrol D. Ángel facio Villanueva e o Director de Procesos de Enfermería da EOXI de Ferrol D. Luís Arantón Areosa. A mesa estará moderada por don Manuel Romero Martín , profesor da Facultade de Enfermaría e Podoloxía de Ferrol e académico.

O pasado día 29 de xaneiro a Academia de Enfermería de Galicia realizou a Apertura do Curso Académico 2019, en Santiago de Compostela, no salón de actos da Consellería de Sanidade, acto solemne que contou coa presenza do Conselleiro de Sanidade, D. Jesús Vázquez Almuiña.

A Academia de Enfermería de Galicia créase como corporación de dereito público, dependente da Consellería de Sanidade mediante a Resolución do 7 de outubro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, polo que dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 3 de outubro de 2013, publicado no diario oficial de Galicia do 17 de outubro de 2013.


A Academia de Enfermería de Galicia nace ante a necesidade de dotar aos profesionais de Enfermería dun novo marco de carácter científico e investigador que ofreza respostas aos avances universitario, técnicos e de consolidación social conseguidos pola profesión nas últimas décadas. Os seus estatutos recollen como obxectivos principais da Academia: a contribución ao progreso e desenvolvemento das ciencias da Enfermería e o fomento da investigación, estudo e divulgación da historia da Enfermería.

Colegiación On-Line

Presentación de la documentación para la colegiación

Consultas

Realiza tus consultas de forma más rápida a través de la web

Trabajo

Consulta las ofertas de trabajo que llegan a nuestra oficina en un solo clic

Formación

Comprueba qué cursos están disponibles con su información completa