O presidente da Academia de Enfermería de Galicia, Isidoro Rodríguez Pérez destaca como un dos obxectivos principais da institución o de colaborar na tarefa de colocar a enfermaría no lugar científico que lle corresponde, xunto con outras Ciencias da Saúde.

DSC 0170XXXA enfermaría está sempre presente na vida dos seres humanos. “No ideario da Academia partimos da premisa de que a profesión enfermeira está conformada por profesionais que asistimos como actores de primeira liña ós individuos”, resalta ó seu presidente. Na seguinte entrevista reflexiona sobre a labor da Academia e lanza unha reivindicación: “A Enfermería debe ser quen conte con plena autonomía, marque os tempos, as necesidades e asuma o seu compromiso co benestar, a saúde e os servizos, tanto a nivel técnico como humano”.

 

A Academia persegue por a marca da enfermaría galega no mundo dos coidados. Como se caracteriza por ser esta marca?

Así é, do mesmo xeito que a poboación galega ten a súa propia idiosincrasia, diferenciada do resto dos pobos, a enfermaría galega non é unha excepción. É ben coñecida a nosa fama de hospitalarios, esta reputación, non é gratuíta foi ganada por propios méritos.
En segundo lugar hai documentados coidados dende o século IX, a través do Camiño de Santiago, na variante coñecida como “Camiño francés” , chegaron a existir 51 hospitais e hospitalillos en 159 kms, dende o Cebreiro ate Compostela. Moitos, tanto doutros “camiños” como do resto do territorio están por documentar.
Outra cuestión de importancia é que a primeira enfermeira Comunitaria foi de Ordes (A Coruña), Isabel Zendal, participou na Expedición Balmís levando a vacina da Variola aos países de ultramar.
Non podemos esquecer que a día de hoxe as profesionais de Enfermaría de Galicia están moi ben valoradas no mundo sanitario europeo a onde se ven obrigadas a saír a traballar, na mentres no propio país non se cumpre cos ratios enfermeiros.
Así poderiamos continuar citando circunstancias que fan que a enfermaría galega teña a súa propia marca, o primeiro será estudala para posteriormente dala a coñecer, así como por en valor estas características e outras moitas que seguramente descoñecemos.

 

Por qué é importante para a enfermaría contar con plena autonomía?

A profesión e os profesionais camiñan máis preto de acadar a autonomía, para desenvolver plenamente os coidados holísticos aos usuarios (enfermos ou sans).
Durante anos tivemos teitos que nos impedían medrar cara arriba, co acceso ao ciclo do doutoramento esa traba desapareceu, estamos empezando a ver os froitos.
Os profesionais enfermeiros debemos continuar a traballar para facernos cargo integral da enfermaría: nos eidos da formación, xestión, investigación e labor asistencial.
Os retos para o futuro na universidade está en ocupar tanto nas escolas e facultades de enfermaría como nas institucións os postos que nos corresponden, en xestión, en docencia universitaria, ou liderando proxectos de investigación. Noutros eidos a nosa capacidade vainos evar a liderar os diferentes programas e proxectos relacionados co mundo da saúde, e dende as diferentes esferas sociais.

 

As ciencias da Enfermaría teñen a necesidade de continuar avanzando?

Ademais de ser unha necesidade é unha obriga dos profesionais continuar avanzando, se fomos capaces de facelo con teitos e con chans pegañentos e noutras condicións de ninguneo, agora que estamos comezando a romper barreiras, temos que por máis incluso do que o fixemos antes o noso empeño en acadar.
Persoalmente creo que a enfermaría está nun camiño sen retorno, non hai marcha atrás.
A enfermaría é unha disciplina. Os profesionais están cualificados cunha formación teórica practica, contando cun corpus baseado nun saber teórico-práctico propio e definido froito dunha sabia combinación de coñecementos e máis experiencias que deben ser sistematizados.

 

É importante para a Academia de Enferrmería de Galicia crear sinerxias con Ourense?

A Academia naceu con vocación de chegar a todo o pais galego, en Ourense, dáse a circunstancia de que neste momento 3 dos 7 académicos que forman parte da Xunta de Goberno da Academia traballan na provincia de Ourense o que fai que a academia programase os primeiros eventos nesta provincia, dado que nestes momentos había unha dispoñibilidade favorable nesta cidade e tanto a Universidade, a Escola de Enfermaría como o Colegio Oficial de Enfermería de Ourense colaboraron, dun xeito activo nesta programación neste primeiro trimestre. Con todo xa están programados dous actos propios da Academia en Lugo, así como a participación en Eventos da Escola de Enfermaría de Lugo, o Colegio Oficial de Enfermería de Lugo e a EOXI da provincia, outros están programados en Ferrol. A nosa intención é estender tamén as sesións a outras cidades importantes da comunidade, como modo de chegar a tódolos profesionais de enfermaría.

 

Como pode axudar a Academia aos enfermeiros?

A Academia ten claro que deberá contribuír a ampliar ao corpus teórico, a fomentar a investigación e o seu coñecemento na praxe. Non esquecendo nunca que o cerne son os usuarios dos sistemas de saúde e acadar uns coidados holísticos, dos que os profesionais somos conscientes. Isto leva consigo a implicación dos profesionais noutras esferas que non son alleas ao mundo da saúde, estou a falar das esferas cultural, ecolóxica, económica ou a política. A Academia de Enfermaría naceu con vocación de coidar a disciplina enfermeira e especificamente aos seus profesionais. E nesas estamos.

Colegiación On-Line

Presentación de la documentación para la colegiación

Consultas

Realiza tus consultas de forma más rápida a través de la web

Trabajo

Consulta las ofertas de trabajo que llegan a nuestra oficina en un solo clic

Formación

Comprueba qué cursos están disponibles con su información completa