A presidenta da Organización Colegial de Enfermería de Ourense, Ascensión Pérez Sampayo, recibiu na Sala de Xuntas da sede colexial ao presidente da Academia de Enfermería de Galicia, Isidoro Rodríguez.

DSC 0182XUn encontro no que  falaron de posibles proxectos futuros en común, dado que ambas institucins comparten os mesmos fins esenciais, entre os que destacan a contribución ao progreso das ciencias da Enfermaría e o achegamento da figura do profesional sanitario a sociedade.

Ao fío da conversación, fixeron un amplo percorrido polos antecedentes que deron lugar a  creación da Academia de Enfermaría de Galicia e detivéronse a analizar cuestións como a visión da profesión enfermeira e as actividades programas pola entidade nun futuro inmediato. 

A continuación, recollemos as palabras de Isidoro Rodríguez para entender máis de preto qué é e cómo funciona a Academia. 

Antecedentes

A idea primixenia partiu do Dr. D. Sergio Quintairos Domínguez (q.e.d), quen fora presidente do Colexio Oficial de Enfermaría de A Coruña. No seu imaxinario estaba xuntar un grupo de enfermeiras e enfermeiros dedicados a praxe, a investigación e a docencia que quixesen colaborar na tarefa de colocar á enfermaría no lugar científico que lle corresponde ao lado doutras disciplinas das Ciencias da Saúde.

Foi no ano 2012 durante o que se realizou unha chamada a sensibilidade tanto da sociedade como das/os profesionais da enfermaría creando a necesidade e demandando a posta en funcionamento desta institución.

Xunta fundacional

Creouse a tal fin unha Xunta Xestora que estivo conformada por don Sergio Quintairos como presidente; dona Ascensión Pérez Sampayo e dona Lourdes Bermello López, como vicepresidentas 1ª e 2ª respectivamente; don Amador Villaverde Castiñeiras como Secretario Xeral; don Eladio Atrio Padrón como Vicesecretario; dona Mercedes González Peteiro e dona María Luisa Torreiro Pampín como tesoreira e vicetesoreira respectivamente e don Isidoro Rodríguez Pérez como bibliotecario.

Período constitucional

Trala elaboración dos estatutos foron dirixidos como é preceptivo á Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administración Pública e Xustiza para a súa formalización oficial, realizándose esta nunha resolución do 7 de outubro de 2013 da Secretaría Xeral Técnica da mencionada Consellería e segundo acordo do Consello da Xunta de Galicia de 3 de outubro dese mesmo ano, así foi publicado no Diario Oficial de Galicia do 17 de outubro de 2013.

Deste xeito convertese a Academia de Enfermería de Galicia nunha corporación de dereito público, de natureza científica, dotada de personalidade xurídica propia.

Despois deste chanzo entra a Academia nun lento período de organización interna, ábrense dúas convocatorias de admisión de 9 novos académicos de número, sendo aceptadas/os: dona Mª Victoria Becerra Sueiro, dona Mercedes Carreras Viñas, dona Pilar Darriba Rodríguez, don Angel Alfredo Martínez Ques, dona Maria Jesús Regueiro Burgo, don Manuel Romero Martín, don José Maria Rumbo Prieto, dona Beatríz Rosa Sánchez López e dona Pilar Sánchez Sebio e 4 académicas/os correspondentes que son: don Miguel Fernández Méndez, dona Milagros Fernández Varela, dona Antonia Dolores Gómez Vidal e don Jorge Pombo Rios. Quedando a 2ª convocatoria sen resolver á vez que se produce neste tempo o pasamento do principal promotor da Academia.

Conformación actual da Academia

Forman parte da Academia no presente momento: 16 Académicos de número e 4 Académicos correspondentes.

Está previsto realizar unha nova convocatoria a finais do presente curso académico 2019 así como nomear un académico de honra.

Xunta de Goberno

Polos motivos sinalados (a principios do 2018) e dando por rematado o período constitucional son convocadas eleccións para constituír unha Xunta de Goberno que é a que goza da confianza dos académicos neste momento, responsabilizándose para coordinar a nova andaina da Academia e quedando configurada por: don Isidoro Rodríguez Pérez, como Presidente; dona Beatriz Sánchez López e dona Mercedes González Peteiro, como Vicepresidentas 1ª e 2ª respectivamente; don Ángel Alfredo Martínez Ques, como Secretario Xeral; don Eladio Atrio Padrón, como Vicesecretario dona Lourdes Bermello López e dona María Victoria Becerra Sueiro, como Tesoreira e Vicetesoreira respectivamente; don José María Rumbo Prieto como bibliotecario.

Esta directiva toma posesión no mes de setembro de 2018 comezando a elaborar un plan estratéxico para dar cumprimento aos Estatutos e desenvolver as funcións para a que foi creada a Academia establecendo obxectivos a curto, medio e longo prazo que iran vendo a luz na medida en que se produza o transcorrer do tempo.

Visión-misión da Academia sobre a profesión enfermaría

  1. Valores da Enfermaría.

Partimos da premisa de que a profesión enfermeira está conformada por profesionais que asisten como actores de primeira liña aos individuos humanos que conforman a nosa sociedade no seu discorrer pola  tríade saúde-enfermidade-morte, lugar no que conflúen outras disciplinas e profesionais, con todo veñen sendo responsabilidade da enfermaría os actos de coidar que son os que delimitan a disciplina enfermeira.

A Enfermaría está sempre presente na vida dos humanos: coida para axudar a ben nacer, segue coidando nas diferentes etapas da vida, para ter unha mellor saúde e coida e acompaña no bo morrer tanto ao individuo como aos seus.

Unha vez sentada esta base debemos ser conscientes  de que conflúen diversas circunstancias na enfermaría para chegar ao punto no que se encontra a día de hoxe tanto a nivel disciplinar como profesionalmente.

  1. Adaptación ás necesidades e demandas sociais presentes.

A enfermaría é unha profesión en continua adaptación aos tempos e ás necesidades da sociedade. A súa consideración como unha disciplina data de hai algo máis de 50 anos, isto non fai que sexa unha profesión exnuova, todo o contrario fai gala da súa capacidade de adaptación aos novos tempos e as necesidades do mundo contemporáneo.

No estado español a súa incorporación á universidade como disciplina cuns contidos curriculares propios data de finais da década de 1970, coa creación da Diplomatura en Enfermaría.

O recente acceso (2008) ao grao e a posibilidade de continuar  co ciclo do doutoramento, cun deseño curricular propio, coloca a disciplina enfermeira en igualdade ao resto das disciplinas universitarias.

Aínda están pendentes a aparición de novos programas de doutoramento propios. No caso das universidades galegas as enfermeiras e enfermeiros continúan doutorándose en programas doutras disciplinas.

Tamén se están a desenvolver, dun xeito máis lento do que esperabamos, os programas das especialidades que seguen a pórse en funcionamento  e mesmo non acadaron a súa implantación ao cento por cento en todo o Estado.

Estes fitos demostran que a Enfermaría como disciplina  e como profesión está viva e avanza parella ao que lle demanda a sociedade actual.

  1. Sentido da responsabilidade profesional.

A enfermaría está afeita a asumir responsabilidades na sombra sen protagonismo. Actualmente está a asumir de xeito oficial actividades que viña realizando de xeito oficioso.

A  idea de traballar en equipos interdisciplinares continúa sendo anecdótica e escasa, debido ao sistema piramidal que se da na sanidade española.  Algúns profesionais da Enfermaría, na praxe continúan sentíndose como unha profesión subalterna ou de segunda liña, na que o seu traballo non é visible. Non sendo esta a visión  de proxección tanto social e profesional, dado que se lle demanda cada vez con máis forza que asuma a súa realidade autónoma, pedimento ao que leva uns anos xa respondendo e adaptándose en diferentes eidos de traballo, pese as dificultades estruturais e de visións decimonónicas as que ten que enfrontarse de cote. Con todo non perde do seu punto de mira responsabilizarse totalmente dos coidados de xeito integral e holístico.  

  1. Os coidados unha necesidade constante e vital na historia da humanidade

Os profesionais da enfermaría comezan a ser conscientes da realidade pregoada por Françoise Collière : sen a medicina a poboación viviría menos anos, sen os coidados da enfermaría a humanidade non existiría.

Con todo, na actualidade, a enfermaría é a profesión sanitaria mellor valorada pola poboación, que demanda uns coidados profesionais de maior calidade cada día.

Porén debe ser a enfermaría quen con plena autonomía marque os seus tempos, as súas necesidades, quen asuma o seu compromiso co benestar a saúde e os servizos tanto a nivel técnico como humano, una profesión que asuma de forma real a necesidade de realizar investigacións sobre os coidados profesionais enriquecendo a disciplina e posteriormente poder aplicalos a praxe cotiá.

Unha profesión científica e humana que ocupe o lugar que lle demanda a sociedade na vangarda, indo un paso por diante das necesidades, abrindo portas e camiños novos no mundo dos coidados profesionais.

  1. Visión do receptor dos coidados como individuo activo non como paciente

Unha profesión que teña como cerne dos seus coidados ao ser humano san ou enfermo, un individuo consciente, activo e comprometido coa súa saúde, un individuo autónomo que  participe do seu proceso de coidados e demande melloras para o seu estado de benestar, deixando de lado o vello sistema paternalista.

A enfermaría ten que ofrecer uns coidados holísticos atendendo as diversas esferas nas que está mergullado o individuo, dende a visión humanística ou a cultural ate a técnica, pasando pola social, política, relixiosa ou a biolóxica.

Fins da Academia

Cinco son os fins esenciais a perseguir segundo se recolle no artigo 8 dos seus estatutos:

  • “Contribuír ao progreso e desenvolvemento das Ciencias da Enfermaría.

  • Fomentar a investigación, estudo e divulgación da historia da enfermaría en Galicia, así como dos principios que rexen a súa práctica e das técnicas que a posibilitan.

  • Honrar e divulgar a personalidade e herdanza persoal e científica daqueles que en Galicia contribuísen ou contribúan especialmente ao desenvolvemento e prestixio profesional e deontolóxico da enfermaría.

  • Establecer criterios de carácter científico, técnico, sanitario, docente, de información ou divulgativo sobre cuestións e problemas do ámbito da enfermaría que se formulen á sociedade galega.

  • Actuar como entidade científica e consultiva das administracións e organismos públicos con competencias neste ámbito.”

Reto actual da AcademiaDSC 0181X

A Academia ten un reto a existencia de doutoras/es en Ciencia da Enfermaría. Isto supón a normalización cara as oportunidades, o coñecemento en simetría ou en correspondencia con calquera outra disciplina universitaria. O que a capacitará para continuar a construción e autoafirmación como disciplina independente e diferenciada doutras profesións que teñen outros obxectivos diferentes dos coidados, aínda que moitas veces conflúan no referente a usuarios.

Unha institución aberta e libre de influencias

A academia ábrese a toda a sociedade, especialmente aos profesionais das ciencias da Saúde da Enfermaría en particular, cos obxectivos de trasladar o coñecemento dos coidados profesionais á sociedade, colaborando coas diferentes esferas: política, profesional, universitaria, asociacións e comunidades científicas e de usuarios dos coidados enfermeiros.

Conscientes de que somos os profesionais sanitarios expertos nos coidados e dentro da nosa función docente está a de asesorar e colaborar con todos aqueles que nolo soliciten, tanto a nivel institucional como privado.

Na nosa vocación de servizo á sociedade estamos dispostos a facilitar as ferramentas a todas/os profesionais para incrementar o coñecemento enfermeiro.

Por último e non menos importante que o coñecemento sobre os coidados teña un impacto sobre a sociedade para conseguir unha vida saudable e digna dos cidadáns, atendendo á identidade de cada individuo e pondo a marca galega nos coidados.

Un foro libre, de toda influencia allea a profesión enfermeira, onde cada quen poida expor o que queira de xeito respectuoso e construtivo e a vez sexa sometido a unha análise das súas ideas e do seu decurso.

Presente

Está a comezar a andaina da Academia da Enfermaría de Galicia, somos conscientes de que queda moito por facer de que precisamos máis brazos, pero sabemos que xuntando os esforzos de tódolos profesionais imos conseguilo. Colocar a enfermaría ao nivel que se merece, por a marca da enfermaría galega no mundo dos coidados, tendo sempre no cerne ao individuo e as súas circunstancias e necesidades en prol duns coidados holísticos, sen esquecer que traballamos con outros profesionais que coma nós tamén tentan dalo todo polas persoas na igualdade e avogan por un sistema interdisciplinar, so así conseguiremos unha mellor calidade de vida dos cidadáns.

Co gallo de cumprir con outro dos fins da Academia de Fomentala investigación, estudo e divulgación da historia da Enfermería en Galicia, levouse a adiante a posta en marcha das seguintes seccións da Academia:

Enfermaría en Coidados Médico-cirúrxicos.

Docencia e Investigación da Enfermaría.

Historia da Enfermaría.

Publicacións.

Próximas actividades programadas 2019

Sesións solemnes

  • Sesión de recepción e investidura dun novo Académico: Dr. D. José María Rumbo Prieto. “Aproximación a la ciencia y el arte de la curación de heridas según los estudios académicos de la titulación de Practicante en el siglo XIX”. Contestación: Dra. Dª. Lourdes bermello López. Ferrol, data sen derminar outubro 2019. Lugar sen determinar.

  • Sesión de recepción e investidura dun novo Académico: Dr. D.Ángel Alfredo Martínez Ques. “La atención sanitaria al adulto mayor y su protección frente a la discriminación”. Contestación: D. Eladio Atrio Padrón Ourense, data sen determinar novembro 2019, lugar sen determinar.

Sesións ordinarias

  • Presentación da Academia de Enfermería en Ferrol. 14 maio 2019. Salón de actos Hospital Arquitecto Marcide. Académico: Ecmo. Dr. D. Isidoro Rodríguez Pérez. Ponente: Dr. D.Luis Arantón Areosa.“Estilos de liderazgo en la gestión de Enfermería”.

  • 28 maio 2019. Salón de actos Colexio de Enfermaría de Ourense.. Ponente: Dra. Dª Miriam Vázquez Campo. “Conocimiento y habilidades sociales en personas con trastornos mentales”

  • 22 outubro 2019. Lugar por concretar. Ponente: Dra. Dª. Reyes Pérez Fernández. “Enfermería y Termalismo”.

  • 26 novembro 2019. Lugar por determinar. Ponente Ilma. Dra. Dª. María Jesús Regueiro Burgo. “El sueño de un hospital”.

  • Segundo semestre 2019. Estase a programar a presentación da Academia en A Coruña. Aínda sen determinar datas, lugar e ponentes

  • Segundo semestre 2019. Estase a programar a presentación da Academia en Pontevedra. Aínda sen determinar datas, lugar e ponentes

Futuro inmediato

Actividades programadas a medio prazo 2º semestre 2019 - 1º trimestre 2020

  • Traballo conxunto con outras academias do Estado.

  • Establecemento de relacións e acordos coas institucións políticas nos diferentes gobernos da comunidade.

  • Establecemento de acordos  cos catro Colexios Oficiais de Enfermaría de Galicia.

  • Colaboración coa Asociación de Enfermaría Familiar e Comunitaria de Galicia (AEFCG)

  • Establecemento de relacións e acordos con entidades privadas.

  • Nomeamento dun/ha Académico/a honorífico/a.

  • Convocatoria de novos escanos.

  • Creación do Día da Enfermaría de Galicia.

  • Creación e funcionamento de novas comisións e grupos de traballo.

  • Presentación da Academia de Galicia en Vigo, Santiago.

Colegiación On-Line

Presentación de la documentación para la colegiación

Consultas

Realiza tus consultas de forma más rápida a través de la web

Trabajo

Consulta las ofertas de trabajo que llegan a nuestra oficina en un solo clic

Formación

Comprueba qué cursos están disponibles con su información completa