Premios medicos 1

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

Ourense, 4 de marzo do 2020 | O Ilustre Colexio Oficial de Médicos de Ourense celebrou esta tarde a presentación dos proxectos de ONGs premiados no 2019, da man da súa responsable de cooperación, a Dra. Margarita Arandia. Trátase dunha iniciativa que leva anos visibilizando as distintas actividades que desenvolven as Organizacións non gubernamentais, destinando o 3% das recadacións anuais da Organización Colexial para dona a proxectos humanitarios.

 

 

O Colexio Oficial de Enfermería de Ourense, representado pola súa presidenta, Ascensión Pérez Sampayo, e por unha das vocais da Xunta de Goberno, Olga Iglesias; asistiu ó acto, poñendo de manifesto o compromiso da profesión enfermeira en apoio das labores humanitarias que estes premios apoian. 

Nesta ocasión, a Xunta Directiva do Ilustre Colexio Oficial de Médicos de Ourense, decidiu outorgar o premio a dous dos proxectos presentados, valorando a grande importancia de ambos. Acudiron á presentación,María Jesús Leirachá, en representación de Sonrisas de Bombay; e Mafalda Soto, como directora de Beyond Suncare. 

premios mediso 2

Nesta ocasión, a Xunta Directiva do Ilustre Colexio Oficial de Médicos de Ourense, decidiu outorgar o premio a dous dos proxectos presentados, valorando a grande importancia de ambos. Acudiron á presentación,María Jesús Leirachá, en representación de Sonrisas de Bombay; e Mafalda Soto, como directora de Beyond Suncare

Sonrisas de Bombay é unha ONG que centra a súa acción na loita contra a pobreza e a igualdade de oportunidades nas comunidades máis desfavorecidas de Bombay, onde traballan dende o 2005. Grazas a eles, máis de 10.000 persoas se teñen beneficiado da súa actividade. En concreto, o proxecto premiado, Salud mental para mujeres víctimas de tráfico humano, céntrase en proporcionar apoio psicolóxico e emocional a mulleres vítimas de tráfico humano con fines de explotación sexual. 

Por outra banda, os outros galardoados, Beyond Suncare, liderada pola farmacéutica ourensana Mafalda Soto, é unha organización sociosanitaria que traballa en África, apoiando a persoas albinas, expostos a cacro de pel e moitas veces, estigmatizados e en risco de exclusión social. O proxecto premiado desenvólvese en Malaui, onde residen máis de 8.000 persoas con albinismo e sen educación sobre o coidado frente ó sol. Grazas a esta iniciativa, os afectados poden acceder a protección solar de calidade e a organización ten plans de aumentar esta iniciativa e seguir promovendo a xestión local de recursos, inclusión social e empoderamento dos beneficiarios. 

Ambalas dúas organizacións premiadas agradeceron o pulo que supón este recoñecemento para a continuación da súa labor nos seus respectivos ámbitos.

 

Colegiación On-Line

Presentación de la documentación para la colegiación

Consultas

Realiza tus consultas de forma más rápida a través de la web

Trabajo

Consulta las ofertas de trabajo que llegan a nuestra oficina en un solo clic

Formación

Comprueba qué cursos están disponibles con su información completa