Organización Colegial de Enfermería    Diario Enfermero
     
Academia Galega de Enfermería   Servicio Gallego de Salud

A gripe é unha enfermidade transmisible e previble, que pode evolucionar desde leve a grave e ser incluso mortal, sobre todo en persoas de risco. Por iso a Consellería de Sanidade realiza cada outono desde 1991, a través da Dirección Xeral de Saúde Pública e do Servizo Galego de Saúde, a campaña de vacinación antigripal.

Este ano preséntanse novidades con respecto á campaña anterior:

Usarase a vacina trivalente adxuvada, que ten unha maior inmunoxenicidade, para todas as persoas de 65 ou máis anos, ingresadas ou non en residencias da terceira idade, rebaixándose unha década a súa indicación respecto a anos previos.

Estenderase o uso de vacinas tetravalentes ao resto da poboación de risco. Estas vacinas conteñen, ademais das 3 cepas habituais, unha cepa a maiores do virus B (B/ Phuket/3073/2013, da liñaxe B/Yamagata/16/88). Dentro destas, contaremos cunha vacina cultivada en liñas celulares que se destinará a aquelas persoas con idades comprendidas entre os 15 e os 64 anos. Esta vacina achega unha mellora desde o punto de vista epidemiolóxico e vantaxes derivadas do seu proceso de fabricación, xa que a súa multiplicación en cultivo celular asegura que os virus resultantes sexan copia exacta do inicial, eliminándose así o proceso de adaptación do cultivo en ovos embrionados que pode provocar, nalgúns casos, diferenzas no resultado final e derivar nunha menor efectividade vacinal.

Outra novidade salientable é a inclusión dentro grupos de risco dos nenos que teñen entre 6 meses e 2 anos de idade que naceran prematuros (< 32 semanas de xestación) e aquelas persoas con calquera trastorno da coagulación.

Más info en: Instrucion_Gripe_2019.pdf

 

Muchas gracias por su atención.

Colegiación On-Line

Presentación de la documentación para la colegiación

Consultas

Realiza tus consultas de forma más rápida a través de la web

Trabajo

Consulta las ofertas de trabajo que llegan a nuestra oficina en un solo clic

Formación

Comprueba qué cursos están disponibles con su información completa


 

 

      AMA-Seguros Abanca  WhatsApp Image 2019-11-12 at 10.50.31