Imprimir
Detectada unha incidencia no proceso de xeración do listado de puntuacións provisionais
da fase de oposición do proceso selectivo da categoría de enfermeiro/a,
 
publicado no día de onte na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) informámoslle que
nos próximos días darase publicidade no Diario Oficial de Galicia a unha nova xeración do
listado. Esta publicación abrirá, novamente, o prazo de reclamación de cinco días hábiles
previsto nas bases da convocatoria, non sendo necesaria a presentación polos/as
aspirantes, ata esa nova publicación, de ningún escrito de reclamación.
Así mesmo infórmase que a plantilla definitiva de respostas publicada é correcta. A
incidencia unicamente afecta ao listado de puntuacións provisionais.

NOTA_INFORMATIVA_INCIDENCIA_GAL-20160315145000_gal.pdf