Imprimir

RESOLUCIÓN do 17 de xuño do 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos,
pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías
de persoal estatutario.


De conformidade co establecido no Decreto 157/2014, do 11 de decembro, polo que
se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas categorías de persoal
estatutario do Servizo Galego de Saúde para o ano 2014 (Diario Oficial de Galicia nº 243,
do 19 de decembro) e o Decreto 59/2015, do 16 de abril, polo que se aproba a oferta de
emprego público correspondente a diversas categorías de persoal estatutario do Servizo
Galego de Saúde para o ano 2015 (Diario Oficial de Galicia nº 76, do 23 de abril), este
centro directivo, logo de elaboración pola Comisión Técnica de Procesos Selectivos e posterior
negociación coa representación sindical no seo da Mesa Sectorial de Negociación
e no uso das competencias que lle atribúe o artigo 8 dos mencionados decretos e o artigo
4.1.b) da Orde do 5 de xullo de 2012 (Diario Oficial de Galicia nº 139, do 20 de xullo)
sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de
Saúde resolve convocar concurso-oposición para o ingreso nas categorías de enfermeiro/a
especialista en obstetricia e xinecoloxía, fisioterapeuta, logopeda, terapeuta ocupacional,
técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a superior en hixiene bucodental,
técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico, técnico/a superior en laboratorio de
diagnóstico clínico, técnico/a superior en radioterapia, técnico/a en coidados auxiliares de
enfermaría e técnico/a en farmacia, de acordo coas seguintes
Bases:
I. Normas xerais.
1.1. Prazas.
1.1.1. Convócase concurso-oposición para o ingreso nas categorías de enfermeiro/a
especialista en obstetricia e xinecoloxía, fisioterapeuta, logopeda, terapeuta ocupacional,
técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a superior en hixiene bucodental,
técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico, técnico/a superior en laboratorio de
diagnóstico clínico, técnico/a superior en radioterapia, técnico/a en coidados auxiliares de
enfermaría e técnico/a en farmacia do Servizo Galego de Saúde