Academia Galega de Enfermería      Organización Colegial de Enfermería

 

       Servicio Gallego de Salud      

Proyectos de investigación

La Organización Colegial ha aprobado en la junta de gobierno celebrada el 5 de octubre de 2016, en el punto 9º del orden del día, ampliar los servicios colegiales poniendo a disposición de los/as Enfermeros/as un profesional especialista en metodología de la investigación, para dar soporte en aquellos proyectos Pos-grado conducentes al EIR, Máster, Doctorado, publicaciones científicas, así como soporte en diseño de ponencias.

Este servicio se prestara en la Sede Colegial, es totalmente gratuito para los profesionales que estén dados de alta en esta Organización.

La manera de contactar para solicitar cita es pinchando en el enlace de apoyo estadístico, cubrir el formulario y enviar. Una vez hecha  tu petición, recibirás un correo con la programación de tu cita.

 [INFORMACIÓN]


RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Recursos
Humanos, pola que se resolve, con carácter definitivo, o concurso de traslados
para a provisión de diversas prazas básicas de persoal sanitario diplomado e de
formación profesional, convocado por Resolución do 8 de xaneiro de 2014.

 

De conformidade co previsto na base 11.5 da Resolución do 8 de xaneiro de 2014, da
Dirección Xeral de Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia núm. 13, do 21 de xaneiro),
pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas
de persoal sanitario diplomado e de formación profesional deste organismo, valoradas as
reclamacións presentadas contra a Resolución do 7 de novembro de 2014 (Diario Oficial
de Galicia núm. 219, do 14 de novembro) pola que se publicaron as puntuacións e destinos
provisionais obtidos, este centro directivo, como órgano convocante do proceso
RESOLVE:
Primeiro. Declarar resolto definitivamente o concurso de traslados para a provisión de
diversas prazas básicas de persoal sanitario diplomado e de formación profesional deste
organismo, convocado pola Resolución do 8 de xaneiro de 2014 (Diario Oficial de Galicia
núm. 13, do 21 de xaneiro), coa adxudicación dos destinos que se indican no anexo desta
resolución.
Segundo. As listas coas puntuacións e, de ser o caso, os destinos definitivos
asignados en cada unha das categorías convocadas, atópanse publicadas, á disposición
das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).
Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a concursante no seu
expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.
Terceiro. De conformidade co previsto na base décimo segunda da Resolución do 8 de
xaneiro de 2014, por necesidades organizativas e asistenciais e co obxecto de preservar
o normal funcionamento dos distintos centros de xestión do organismo no proceso de incorporación
dos/das profesionais como consecuencia da resolución do concurso, amplíase
o prazo xeral de cesamento previsto nesta base, de modo tal que o cesamento dos/das
profesionais que tendo participado no concurso de traslados resulten adxudicatarios/as de
destino producirase con data do 7 de abril.
CVE-DOG: wnrqatl9-py39-ipe1-iue9-nsefekxq6fv3
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 2015 Páx. 12154
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
Cuarto. A toma de posesión da nova praza deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles
seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e a adxudicada son da mesma
área de saúde; no prazo de quince días hábiles se as prazas son de distinta área de saúde
dentro do Servizo Galego de Saúde, ou no prazo dun mes se a praza desempeñada corresponde
a outro servizo de saúde.
No caso de que a adxudicación da praza supoña o reingreso ao servizo activo, o prazo
de toma de posesión será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación
desta resolución.
Quinto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas
poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados
a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo
competente, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998,
do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e
con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición, ante este mesmo órgano,
no prazo dun mes contado a partir da mesma data.
Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2015
Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos

Colegiación On-Line

Presentación de la documentación para la colegiación

Consultas

Realiza tus consultas de forma más rápida a través de la web

Trabajo

Consulta las ofertas de trabajo que llegan a nuestra oficina en un solo clic

Formación

Comprueba qué cursos están disponibles con su información completa

Previsión Sanitaria AMA-Seguros Abanca