Imprimir
Miércoles, 8 de julio de 2020. Servizo Galego de Saúde.
 
A  Consellería de Sanidade publica, no Diario Oficial de Galicia de hoxe, a orde de axudas do Programa Traslaciona. COVID19, unha liña de axudas por valor de 500.000 euros, xestionada pola Axencia de Coñemento en Saúde (ACIS), que subvencionará proxectos de investigación orientados á mellora do diagnóstico, prevención ou tratamento da Covid-19. Esta iniciativa é un paso máis do Sistema Público de Saúde de Galicia para aproveitar o coñecemento que nace coa crise sanitaria da Covid-19 e para impulsar aqueles traballos que suporán avances neste eido.
O Programa Traslaciona está aberto para profesionais sanitarios, investigadores e grupos de investigación que desenvolven o seu labor no Sistema Público de Saúde de Galicia. Serán obxecto de subvención os proxectos que vencellados a actividades de prevención, diagnóstico ou tratamento da Covid-19, en xeral aqueles relacionados con algunha destas liñas de traballo:
    • Técnicas de diagnóstico virolóxico rápido e aplicables á asistencia sanitaria.
    • Detección e destrución do virus, sistemas de desinfección masivos, etc.
    • Desenvolvemento de terapias innovadoras, novas moléculas antivirais, antisépticos e desinfectantes fronte al SARS-CoV-2019 (SARS-2).
   • Caracterización do virus SARS-CoV-2019 (SARS-2), coñecemento da variación xenética e antixénica do SARS-CoV-2019 (SARS-2) así como da resposta inmunolóxica ao virus SARS-CoV-2019 (SARS-2) e da interacción virus-hóspede.
    • Impacto socio-económico da enfermidade COVID-19.
    • Análise das consecuencias clínicas da enfermidade COVID-19.
   • Intelixencia artificial e análise masiva de datos integrados orientados ao control epidemiolóxico da enfermidade COVID-19, a coñecer en tempo real a dispoñibilidade de recursos sanitarios ou diagnósticos por imaxe, e a mellorar a resposta cidadá ante a crise sanitaria.
As solicitudes deben presentarse por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: http://sede.xunta.gal.
Para calquera consulta relacionada con esta liña de axudas as persoas interesadas poden contactar a través do mail: InvestigacióEsta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. ou nos teléfonos: 981 568 054 / 981 568 066. O prazo de presentación de proxectos finalizará o día 29 de xullo.
Esta liña de axudas nace froito da necesidade de impulsar iniciativas efectivas para a loita contra a Covid-19, obxectivo prioritario da Xunta de Galicia, e de apoiar aqueles proxectos de investigación, ideas e iniciativas que xurdiran durante a situación de emerxencia sanitaria, froito do coñecemento e da experiencia. Fomentar a investigación axudará a conter o impacto de futuros brotes e fomentar a investigación de base sobre a enfermidade permitirá anticiparse e desenvolver tratamentos e vacinas que impidan novos escenarios de contaxios xeneralizados.
 
document_1.pdf