Martes, 7 de julio de 2020.- Servizo Galego de Saúde.
 
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, presentou hoxe, de xeito telemático, a profesionais do ámbito da saúde mental, o Plan de Saúde Mental de Galicia poscovid-19 para o periódo 2020-2024, un plan que, tal e como remarcou o titular da carteira sanitaria do Executivo galego, é froito do traballo dun gran número de profesionais da saúde mental, da Administración, e das entidades representantes de pacientes con trastornos mentais.
O conselleiro dixo que é necesario potenciar e actualizar a atención á saúde mental en Galicia, dotala de profesionais e recursos, avanzar na investigación e na prevención, e, sobre todo, prestar especial atención aos máis vulnerables, que son os que máis están a sufrir nesta crise.
O responsable sanitario lembrou que o Plan, que conta cun orzamento de 83 millóns de euros, reafirma o compromiso do Goberno galego coa mellora da calidade de vida das persoas que sofren de trastorno mental, coas súas familias e os seus achegados. En realidade é un compromiso con toda a sociedade galega, -remarcou Almuiña-.
O acto contou coa presenza do director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal, así como de José Manuel Olivares Díez, xefe do servizo de Psiquiatría da área sanitaria de Vigo e vogal da Sociedade Española de Psiquiatría; de Rafael Álvarez Martínez, membro da Comisión Técnica da Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (FEAFES); e de Laura Jardón Golmar, vogal da Asociación Española de Enfermería de Saúde mental (AEESME) e enfermeira especialista en saúde mental.
 

Colegiación On-Line

Presentación de la documentación para la colegiación

Consultas

Realiza tus consultas de forma más rápida a través de la web

Trabajo

Consulta las ofertas de trabajo que llegan a nuestra oficina en un solo clic

Formación

Comprueba qué cursos están disponibles con su información completa


 banner 2020

 

      AMA-Seguros Abanca  WhatsApp Image 2019-11-12 at 10.50.31    

 

ANUNCIO DESCUENTO MÁSTER UEM page 0001